Luns. 25.01.2021
El tiempo

Xan Fdez. Carrera, Concha Blanco e María Lado, citas literarias para este Nadal en Muxía e Cee

Xan Fdez. Carrera, Concha Blanco e María Lado, citas literarias para este Nadal en Muxía e Cee

Novas citas literarias para este nadal.

Da man da Asociación de Escritores en Lingua Galega, as vilas de Muxía e Cee acollen dous Roteiros literarios para sábado 26, a partir das 11:30h. Citas que pretenden dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos.

En Muxía será Xan Fernández Carrera o encargado de facer o roteiro pola vila da Barca, con saínda dende a Casa do Concello.
Igualmente desenvolverase, dende o CEIP Eugenio López, o Roteiro Literario por Cee, a cargo de Concha Blanco..
A inscrición é de balde e obrigatoria, para un máximo de 15 persoas. Farase no correo electrónico [email protected]

Para o martes 29 queda a presentación da obra “Gramo Stendhal”. A poeta ceense María Lado presentará ás20:15 no Auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura este Poemario publicado pola editorial Apiario, editora que xestionan as poetas Dores Tembrás e Antía Otero. O libro recolle unha pequena colección de poemas que falan da furia necesaria para vivir en tempos de crise, da entrada na vida adulta, da perda, da relación co lugar de onde se vén e da función que a literatura pode ter como método para crear realidades distintas a aquelas que habitamos. Isto, como é poesía, é unha explicación sempre subxectiva. A obra vén de saír do prelo, baixo a colección Cera Labrada e cun deseño de Mauro Trastoy.

Novas relacionadas

comentarios