A Xunta Local en Cee da Asociación Española contra o Cancro prepara xa a súa V Comida Solidaria

A Xunta Local en Cee da Asociación Española contra o Cancro (AECC), abre o prazo de inscrición para V edición da Comida Solidaria, unha cita xa tradicional que organizan co obxectivo de recadar fondos para a loita contra o cancro e reunir á comunidade nun acto de compromiso, esperanza e solidariedade.
A cita será o sábado 4 de outubro, ás 14:00h no Pavillón deportivo municipal de Cee. A comida (empanada de atún ou bacallau de entrante, polbo á feira, xarrete ao forno con pataca guisada e verduras e sobremesa) a cargo de Casa Taboada e o prezo por persoa é de 40 euros
As entradas son numeradas e asignan asento, polo que se recomenda adquirilas conxuntamente en caso de querer compartir mesa con familiares ou amizades.
Xa poden facerse coas entradas en:
- Centro Social de Cee
- Panadería As Travesas (posto no Centro Comercial de Cee)
- Tamén poden reservarse a través dos teléfonos indicados no cartel da Xunta Local.