Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Xunta Local da AECC aproveitou o mercado dominical para espallar por Cee a loita contra o cancro

Mesa do Dia do Cancro AECC Cee 5 feb 23
A Xunta Local da AECC aproveitou o mercado dominical para espallar por Cee a loita contra o cancro

Moitos actos estes días co gallo do Día Mundial contra o Cancro, nunha data na que os lazos verdes solidarios encheron diversos puntos da comunidade, como símbolo de apoio ós miles de pacientes que sofren a enfermidade e mensaxe de unión pola prevención, o fomento do acceso a un diagnóstico precoz e a investigación oncolóxica.

Un deles, como non podía ser doutro xeito, foi o protagonizado pola Xunta local da AECC en Cee. Foi o domingo, aproveitando o mercado, cando a Xunta colocou unha mesa informativa para espallar a mensaxe. Foi a primeira cita do ano programada, na que a colaboración cidadá volveu superar as expectativas de participación. "Motivo de satisfacción e un novo pulo para dar continuidade as actividades que axuden a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas", explícannos as bravas mulleres.
 

Comentarios