Venres. 26.04.2024
El tiempo

Malpica tinguiuse de verde polo Día Mundial polo cancro cun vídeo

Concello de Malpica de verde polo cancro
Malpica tinguiuse de verde polo Día Mundial polo cancro cun vídeo

Membros das redeiras Mar da Illa; One Surf Academy; Amas de Casa; Fogar dos Pensionistas; Xunta local do Cancro de Malpica; corporación municipal de Malpica e Ramón Varela concentráronse onte, diante do consistorio para Conmemorar o Día Mudial contra o Cancro, o día 4 de febreiro.

Ademais o Concello quixo mandar o seu apoio ás persoas que están a pasar por esta enfermidade e
as súas familias. Para conmemoralo lanzaron este fermoso vídeo que se realizou con moito agarimo contando co alumnado do IES Urbano Lugrís, CEIP Joaquín Rodríguez Otero, CEIP Milladoiro, CRA Nosa Señora Do Faro en colaboración coa xunta local do Cancro de Malpica.
Tamén dende o consistorio queren agradecer a Xabier Díaz por deixarnos usar a súa canción “Levantarse e Caer” para esta causa.

 

Comentarios