Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Cole de Fisterra implícase na concienciación polo cancro

Cole de Fisterra co cancro
O Cole de Fisterra implícase na concienciación polo cancro

Co motivo do Día Mundial contra o Cancro, hoxe 4 de febreiro, a Xunta Local da AECC de Fisterra uniu forzas co Colexio Nosa Señora do Carme de Fisterra para facer un acto tremendamente simbólico. Todo o alumnado do centro realizou lazos de cores; descubrindo así con que cancro se asocia cada cor.
Estos lazos serviron para recadar fondos en favor da Xunta Local da AECC, xa que os rapaces de secundaria durante a mañá do venres día 3, intercambiaron os lazos por donativos no mercado da vila e no ámbito familiar.

Así mesmo os rapaces do colexio formaron un lazo xigante no patio cos representantes da Xunta Local da AECC portando globos verdes.

Un día fermoso, emotivo onde o alumnado se implicou nunca causa tremendamente importante.

Cole de Fisterra co cancro 2

Cole de Fisterra co cancro 3

Comentarios