Xoves. 21.10.2021
El tiempo

5 tips para reformar o baño de forma rápida e económica

reforma-de-bano
5 tips para reformar o baño de forma rápida e económica

O baño é un dos espazos máis utilizados do fogar e que, xa que logo, dos que maior deterioro experimenta co paso dos anos. Aínda que ás veces só sofren pequenas averías ou desperfectos sen importancia, o certo é que tarde ou cedo chega o momento de realizar unha reforma en profundidade do baño.

É un momento que pode ser difícil de afrontar polo engorro que supón, pero cos tips que imos amosar a continuación será algo moito máis sinxelo e económico do que a priori parece:

Pedir diferentes presupostos

Pedir un presupuesto de reforma de baño aos profesionais que se sonden é fundamental para elixir finalmente un deles. Por sorte existen sitios como quotatis onde se poden atopar aos mellores profesionais de cada cidade aos que pedir orzamento da reforma. Para elixir ben é fundamental quedarse con aquel que teña a mellor relación calidade/prezo e que o profesional transmita confianza e profesionalidade.

Procura exhaustiva de materiais

Por fortuna existen centos de establecementos físicos e tendas online de materiais nas que poder atopar aqueles materiais que teñan unha mellor relación calidade-prezo. Cando chega o momento da reforma é necesario saber que materiais son necesarios e buscalos individualmente para atopar a mellor opción, aínda que iso supoña buscar en tendas diferentes.

Elixir o mellor momento

Existen determinadas épocas no ano na que a maioría de persoas se decantan por facer calquera tipo de reforma nos seus fogares. A primavera e o outono adoitan ser as favoritas e costa máis traballo atopar profesionais dispoñibles, ademais de que os que están dispoñibles ofrecen orzamentos máis caros pola elevada demanda. Para evitar isto é fundamental elixir “temporadas baixas” de reformas como o verán ou o inverno.

Reformar o necesario

A reforma do baño pode ter un custo inferior ao estimado si só se reforman ou se cambian aqueles elementos que realmente o necesitan. Para iso é conveniente analizar cada peza e elemento do baño ao detalle para valorar concienzudamente si é necesario substituílo por un novo, co custo que iso supón. Desta forma lograremos un baño renovado por un custo inferior a si reformamos o baño ao completo.

Evitar agobios innecesarios

Para superar unha reforma do baño con éxito hai que ser consciente de que supón aguantar ruídos, suciedade, entradas e saídas de empregados así como combinar isto co traballo. Moitas persoas adoitan angustiarse e viven a reforma como un auténtico calvario. O ideal é asumir as características da reforma, tomalo con calma e pensar no bonito resultado final que conseguirás.

Reformar o baño é algo necesario co paso dos anos e ter en conta estes e outros consellos é sempre beneficioso para que todo salga á perfección. Tan só queda plasmar na realidade o baño que tes deseñado na mente e gozar del durante moitos anos.

comentarios