Sábado. 20.04.2024
El tiempo

#25N en Corcubión: Sergio Trillo e Patricia Vaquero traballan a prevención nos centros escolares

Serxio Trillo
Obradoiro de Serxio Trillo
#25N en Corcubión: Sergio Trillo e Patricia Vaquero traballan a prevención nos centros escolares

O vindeiro xoves é 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, e os Concellos xa teñen preparado a súa batería de actuacións formuladas para a infancia, adolescencia, familias e cidadanía, abordando asuntos de coeducación, concienciación e sensibilización..

É o caso de Corcubión lévanse a cabo dous obradoiros.

O primeiro foi o Obradoiro UOIEA!, unha cita para traballar na educación da intelixencia emocional como medida de prevención da violencia, impartido por Sergio Trillo de PSiconova e que tivo lugar no CEIP Praia de Quenxe e no IES Fernando Blanco.

Serxio Trillo en Corcubion

Pola súa parte, o IES Fernando Blanco, acolle un obradoiro sobre o bo uso das tecnoloxías e plataformas dixitais destinado ás familias e as ANPAS impartido por Patricia Vaquero de “Nós Igualdade”.

Ademais un contacontos de Tremola Teatro terá lugar no CEIP Praia de Quenxe.

E o propio 25 de novembro rematará a campaña audioviosual de concienciación e sensibilización e coa concentración e lectura de manifesto o propio 25 de novembro na Casa do Concello.

Novas do 25N

Comentarios