Venres. 19.04.2024
El tiempo

A casa Chao recibe o premio de arquitectura e rehabilitación de Galicia

A casa Chao recibe o premio de arquitectura e rehabilitación de Galicia
Os arquitectos Juan Creus e Covadonga Carrasco rehabilitaron a casa Chao de Corcubion Os arquitectos Juan Creus e Covadonga Carrasco rehabilitaron a casa Chao de Corcubión. Imaxe: CreuseCarrasco A casa Chao de Corcubión vén de recibir o premio de arquitectura e rehabilitación de Galicia, otorgado pola Xunta de Galicia e dotados con 20.000€. A reforma foi levada a cabo polos arquitectos Juan Creus e Covadonga Carrasco. Segundo indica o xurado "trátase dun proxecto que resolve, dende formas e sensibilidades actuais, o programa dunhavivenda unifamiliar, logrando a integración desta nova edificación nun núcleo tradicional galego". No proxecto destaca o coidado deseño e valor dos espazos interiores; o desenvolvemento da planta; a integración e dialogo que xera entre o interior e o exterior, así como o adecuado uso en fachada de materiais e elementos construtivos actuais queconseguen unha axeitada integración no conxunto urbano no que se inxire e establecen unfrutuoso diálogo coas edificacións tradicionais do contorno. O xurado tivo en conta os valores arquitectónicos da proposta e tamén o significado daintervención dende o punto de vista urbano, que constitúe un exemplo de intervención na cidade histórica. Outros premios O galardón galego de rehabilitación recaeu na rehabilitación dos catro edificios da sede do Rexistro da Propiedade de Vigo, na Rúa Real, cos arquitectos: Jesús Irisarri Castro e Guadalupe Piñera Manso. O premio especial á sustentabilidade foi para o Camping Illa de Ons, elaborado polos arquitectos Juan Zaballa Malcorra e Daniel Guisande Lago. No galardón especial á traxectoria profesional, o xurado acordou por unanimidade conceder a Andrés Fernández-Albalat Lois o premio especial á traxectoria profesional, en recoñecemento á súa meritoria traxectoria profesional en favor da arquitectura no territorio galego. Fonte

Comentarios