Martes. 23.04.2024
El tiempo

A posible cuestión de confianza relativa aos orzamentos reabre feridas en Corcubión

A posible cuestión de confianza relativa aos orzamentos reabre feridas en Corcubión

Complicada segue a situación política corcubionesa. O último rexeitamento da oposición á aprobación das contas xerais do Concello provocou que o alcalde Francisco Lema, Chisco, amenazase cunha moción de confianza vinculada aos orzamentos, como fixera o alcalde de Vimianzo a finais do ano pasado.

Quedan agora pendientes da finalización dos orzamentos, presentación dos mesmos e levalos ao pleno, para ver se se aproban ou non, e se non se aproban é cando se poderá facer efectiva a cuestión de confianza, ou no seu caso unha hipotética e pouco probable, moción de censura.

Hoxe o BNG, tras amosar o seu rexeitamento á Praia Artificial, quere abrir a man e afirma que "seguirá ofrecendo diálogo" ao tempo que califica a decisión do alcalde de "ataque de nerviosismo". Así, á carón da crítica, o voceiro da oposición ofrece "a súa disposición a tender a man para sacar adiante as contas".

Así mesmo, deixa claro que "o BNG non é un cheque en branco, el está en minoría e non pode impoñer nada, debe falar, dialogar e tamén consensuar os problemas dos veciños e veciñas de Corcubión para chegar a acordos. Daquela que comece por presentarnos as contas, que aínda non nolas dou”, denuncian.

E vai máis aló nas súas críticas e sinala que a moción débese “a súa incapacidade para sacar proxectos adiante, e non precisamente por culpa do Bloque, como é o caso do Porto nautico deportivo, o Centro de día, ou a nave de protección civil, senón pola súa nula ou desafortunada xestión á fronte da alcaldía”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios