Venres. 29.03.2024
El tiempo

Volve a marexada política a Corcubión

Volve a marexada política a Corcubión

Nova semana movida na actividade política corcubionesa. Varias frontes están sendo abertas estes días e os 3 partidos políticos continúan cunha clara confrontación.
Ademais da volta á actualidade da nova praia de Corcubión, unha nova urbanización e o asunto do electricista están enriba da mesa da disputa na prensa.

Nova urbanización

Un dos asuntos de última hora é a construción dunha nova urbanización en Quenxe. Por se non houbera xa abondas, (as proxectadas duplicarán as vivendas no Concello) o PSOE e o PP están a favor da construción de máis vivendas sen preocuparense por todas as que están sen habitar. "Iso é problema do construtor", afirman dende o PP.
Onte, a comisión de urbanismo na que estaban os 3 partidos viron o proxecto coa construtora e probablemnte en breve comezarán as obras dunha nova urbanización nos arredores do Museo Seo de Corcubión, a pesar de que o BNG, culpable no seu día da terrible especulación na zona, pide que a zona sexa catalogada como zona verde.

O BNG solicita un pleno pola praia

Esta semana o grupo municipal do BNG solicitou a convocatoria dun pleno extraordinario na que solictará "aprobar unha moción que rechaza de novo a execución do proxecto para facer unha praia artificial no malecón de Corcubión". Unha vez que o pasado día 3 de decembro a Dirección Xeral de sustentabilidade da costa e do mar publicaba a aprobación definitiva do proxecto, e que no mes de outubro se licitara o suministro de area e o seu transporte á Corcubión, cando o proxecto aprobado aínda estaba sen publicar no BOE.

PSOE: "O BNG e a política do non"

Ao tempo, o grupo de goberno do PSOE protestaba esta semana pola actitude do grupo da oposición. "O grupo municipal do BNG de Corcubión segue coa súa política do non a todo o que supoña proxectos, obras, servizos, etc, que xestione o actual goberno municipal para mellorar as condicións de vida dos veciños da nosa vila. A última é o posible proxecto de rexeneración da praia, o mesmo que eles matizaron que de ser en Santa Isabel e con outros materiais si o aceptarían. Agora resulta que din que non polo non. E ademais imploran a actuación do PP para que paralice este proxecto".

Apunta o grupo do PSOE que "queremos recordarlles que xa intentaron tiralo abaixo cunha denuncia en Bruxelas, e qu e desde as institucións europeas ratificaron a legalidade do proxecto e a conformidade ao procedemento establecido". Ao tempo que defende o proxecto:

"O proxecto de rexeneración da praia de Corcubión suporá unha infraestructura máis para disfrute da cidadanía e nestos tempos de crise, un inverstimento para a comarca que creará riqueza e emprego. Compatibilizárase o uso marisqueiro co turístico e de servizos. Mellorará a imaxen do areal da fachada en forma de arco da nosa vila (Como afirma a cantiga popular: - A vila de Corcubión ten a feitura dun arco...), que se perdeu cando se fixo a actual estrada e máis recentemente co recheo do actual paseo marítimo. Repararase e prolongarase o actual peirao de Santa Isabel e recuperaremos a antiga praia. En definitiva, quedará un areal permanente e unha zona intermareal suficiente para cultivar e extraer moluscos e miñocas".

O PP segue co asunto do electricista

Entrementres o PP quere amosar "a súa indignación ante a decisión de pagar ao electricista sen que vaia traballar". Gema Freire Insua, advirte que esta decisión "senta un precedente moi perigoso, porque os alcaldes non poden dispor a pracer do diñeiro público".

Deste xeito, esixe que "o alcalde pague os seus erros do seu propio peto" tras coñecer que "o socialista, Francisco Javier Lema, apelou a sanción imposta polo Ministerio de Traballo por acoso laboral a Sambade, un traballador do Concello", o que obriga ao Concello a readmitir ao electricista Sambade.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios