xoves. 01.05.2025
El tiempo

A filosofía tamén é para o verán

A filosofía tamén é para o verán
filosofia veraneantes corcubion ucv

Non deixan de sorprendernos as propostas culturais da Asociación Universidade Cromática das Virtudes, esa mocidade que enche de ideas a vila de Corcubión e toda a contorna. Desta volta, e no marco estival, artellan este Filosofía para veraneantes, demostrando que a filosofía non só se dá en espazos fríos e epchados.

”Filosofía para Veraneantes” desenvolverase en cinco sesións ao longo de dúas semanas. Cada sesión terá un relator que fará unha exposición de non máis de 35 minutos, despois da cal abrirase un debate que, en calquera caso, non se deberá prolongar máis alá dos 55 minutos. Os temas que se repensarán son feudo de todos, as cinco grandes ideas do pensar clásico: Deus, Verdade, Ben, Xustiza, Beleza.

Podes inscribirte, de balde, enviando un correo a ucv_cm@hotmail.com co teu nome e DNI.

Exposición en Corcubión

Exposicion en Corcubion de José Juan Palazón Barandela

O debuxante e ilustrador José Juan Palazón Barandela presenta a súa exposición, coa axuda da Universidade Cromática das Virtudes, na Capela do Pilar de Corcubión. A apertura será o venres 29 de xullo, a presentación será o sábado 30 ás 21:00h, e estará aberta ata o venres 5 de agosto de 12:00 a 13:30h e de 20:00 a 22:00.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios