A oposición ameázase en Corcubión coa vida privada

08:15 28/01/14

Despois de varias leas criticando ao Concello a débeda coa Neria, hoxe o PP de Corcubión lanza as súas bombas sobre o BNG, acusándoo de "preocuparse máis por atacar á oposición que de defender os intereses dos veciños".
A voceira popular Gema Freire mostrouse "indignada" co BNG por utilizar a súa vida privada para facer política, á vez que engadiu que "non saber diferenciar o persoal do político é moi perigoso".
Novas relacionadas
- O BNG corcubionés tamén critica a débeda do Concello con Neria.
- O PP de Corcubión sae en defensa da Neria.
Fonte
- Nota de prensa do PP de Corcubión.