Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O BNG corcubionés tamén critica a débeda do Concello con Neria

O BNG corcubionés tamén critica a débeda do Concello con Neria

Esta semana, o PP de Corcubión saía en defensa da Asociación Neria criticando a débeda que mantén con ela o Concello de 50.000€. Hoxe é o BNG local o que "acusa ao alcalde de que unha vez máis, e debido a súa nefasta xestión, pódese poñer ao concello ao borde da creba financeira".

Cómpre sinalar que o grupo opositor aprobaba, coas súas abstencións, a saída do Concello da Neria en novembro de 2012, pero eso non indica que o BNG considere necesario que o Concello se faga cargo das débedas.

O BNG lémbralle ao alcalde que "cando un se fai ca alcaldía colle os activos, máis tamén os pasivos e non pode escusarse despois de 11 anos en que é unha debeda anterior ao seu goberno. O Concello tivo 11 anos para poñerse ao día nos seus pagos". E sinalan que cando o BNG deixou o concello no 2003, "había en caixa despois de restar as débedas sen pagar, un remanente positivo de máis de 50.000 euros".

O BNG espera que "as seguintes contas que embargue a xustiza a raíz de este caso" (despois de embargar ás da Neria) "non sexan as do concello de Corcubión, xa que de ser así suporían un golpe mortal as xa maltreita caixa do concello de Corcubión".

Así e todo, tamén reparte o BNG á concelleira do PP, sentíndose "moi sorprendidos do interese que ten a concelleira popular en esixir o abono da débeda, sen tan sequera preocuparse polo estado financeiro no que pode quedar o concello".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP de Corcubión.

Comentarios