Domingo. 28.04.2024
El tiempo

A Redonda existe

Vecinos da Redonda no Concello de Corcubion
Veciñ@s da Redonda no Concello de Corcubión
A Redonda existe

O pasado mércores 9 de agosto as distintas asociacións da parroquia de San Pedro de Redonda reuníronse co Alcalde de Corcubión e o Concelleiro de Urbanismo e Medioambiente no Salón de Plenos do Concello a petición dos colectivos de veciños da parroquia.

A veciñanza San Pedro da Redonda, a Asociación de Veciños de Quenxe uníronse para formalizar un documento de peticións e demandas, tendo en conta o abandono que sofre a parroquia. Foron uns 15 veciñ@s os que representaron ao setenta veciños e veciñas de Redonda, Amarela, Vilar, Quenxe e Oliveira, despois dun par de meses de preparación.

Falamos de necesidades tan básicas como a creación de espazos de descaso como uns bancos, a seguridade viaria, a limpeza de camiños, recuperación e sinalización das antigas torneiras ou a instalación de fibra óptica.
A veciñanza tamén amosou a súa preocupación polos incendios, pensando en facer traballos de prevención.

Ambas partes acordaron que este acto for a a inauguración dunha canle de traballo en común para o que se instaron a reunirse con periodicidade co fin de facer avanzar as demandas expostas así como iniciar unha rede baseada na cooperación conxunta entre o concello e a parroquia de San Pedro de Redonda.

O concello agradece a iniciativa veciñal. Asemade valora moi positivamente este acontecemento pois ademais da súa excepcionalidade, a xeración destes lazos permítennos avanzar cara aos compromisos adquiridos no programa do goberno.

Comentarios