xoves. 08.05.2025
El tiempo

A Universidade Popular de Corcubión revive con Letras

A Universidade Popular de Corcubión revive con Letras

Volven as actividades da Universidade Popular de Corcubión, e o fan co Maio das Letras. E o fai para os domingos de maio, coa presentación de varios libros.

O domingo 12, ás 20:00h no Auditorio Municipal toca presentación do libro de Carlos Callón, "Como defenderdes os teus dereitos lingüísticos".

O domingo 19 toca na Casa da Cultura teatro coa Sociedade Cultura Medulio, coma homenaxe a Rosalía de Castro.

E coma remate, o domingo 26 ás 20:00h. No Auditorio municipal terá lugar a presentación do libro “Viaxe ao interior da fenda” polo seu autor Serxio Iglesias, unha das citas máis esperadas polo arraigo do poeta na vila de San Marcos.

Letras Galegas na Costa

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios