Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Zas adica o mes das Letras a Vidal Bolaño

Zas adica o mes das Letras a Vidal Bolaño
Mes das Letras adicado a Vidal Bolaño

Como non podía ser doutro xeito, e dado o seu pasado baiés, este mes de maio en Zas é adicado a Vidal Bolaño, protagonista do Día das Letras Galegas 2013. En Zas propoñen un mes completo, con andainas peregrinas como as que se desenvolveron esta pasada fun de semana, pero con moitas máis cousas.

Primeiramente a Biblioteca Municipal artella o V Concurso de Marcapáxinas, destinado ao alumnado dos centros de ensino do concello. Establécense 3 categorías. Pódense consultar as bases en www.concellodezas.org.

Pero hai máis citas culturais:

  • 5 de Maio no Auditorio de baio (18.00h): Música. Magín blanco “A nena e o grilo nun barquiño".
  • 7 de Maio na Biblioteca Municipal de Zas (18.00h): Animación á lectura. Compañía do Trinke Trinke."O pé das fabas".
  • 13 de Maio no Auditorio de Baio (12.00h): Teatro. Cándido Pazó “Memorias dun neno labrego”.
    No CPI de Zas (12.00h) e no CEIP Labarta Pose (16.00h): Contacontos. Talía Teatro “Pequena”
  • 15 de Maio no CPI de Zas (12.00h) e no CEIP Labarta Pose (15.30h): Teatro. Os Sete Magníficos Máis Un “A historia de Brancaflor”
  • 18 de Maio no Centro Sociocultural de Zas (18:30h): Entrega de premios do V concurso de Marcapáxinas. E Foliada Tradicional. Coa participación do grupo Churía da A.C. Castro-Meda (19.00h)
  • 21 de Maio na Axencia de Lectura de Baio (18.00h): Animación á Lectura. Compañía do Trinke Trinke. “O pé das fabas”.
  • 25 de Maio no Centro Sociocultural de Zas (19:00h): Teatro. Grupo Troula; Centro Sociocomunitario de Santa Comba.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Zas.

Comentarios