Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Volta á Provincia tamén pasará pola Costa da Morte

A Volta á Provincia tamén pasará pola Costa da Morte

Se esperamos como auga de maio a chegada do pelotón a Volta Ciclista a España, facemos o propio, salvando as distancias no que a incidencia mediática e económica se refire) coa XI Volta Ciclista á Provincia 2012.
I é que a proba comezará este venres 26 de maio coa etapa Corcubión-Cee, cun percorrido (aínda que pareza mentira) de 132,4 quilómetros.
A proba terá tres etapas, e continuará o sábado entre Pontedeume e Betanzos e rematará o domingo en Cambre.

Se hoxe tiña a presentación na Deputación da Coruña coa participación do alcalde corcubionés, mañá xoves, ás 12:00h, farase o propio no Concello de Cee ás 12:00h.Corcubión-Cee

Como dicimos, a competición arrancará o venres coa etapa Corcubión-Cee (132,4 kilómetros), cun percorrido por Sardiñeiro, Cee, O Pindo, Carnota, Muros, Mazaricos, Dumbría e Cee. Segundo explicou o seleccionador galego, José Ángel Vidal, tamén presente no acto de presentación da Volta, esta etapa é unha clara “rompepernas”. Falou tamén da “vistoxidade do percorrido” e da complexidade dunha etapa que presentou como “nerviosa e competitiva, porque dela sairá o primeiro líder”.

Equipos participantes

Na proba tomarán parte catorce equipos, dos que tres son internacionais e cinco galegos. Ningún equipo da Costa da Morte tomará a saída, nin o Club Ciclista Cee nin o a sección de Ciclismo do C.F. Dumbría.
Se ben, os equipos que tomarán parte na proba serán Bolmet-Trek (Polonia), Clube Cicilista Vigués, Construcciones Paulino (Asturias), Club Ciclista Péadrons-Alumnios Cortizo, Club Ciclista Colloto-Ciudad de Oviedo, Mutua de Levante (Murcia), Club Ciclista Louletano (Portugal), Club Ciclista Spol (Porriño), A.D. Galibier-Lizarte (Navarra), arSanta Maíra da Feira-Liberty (Portugal), G.D. Supermercados Froiz, C.C. Cambre-Renault Cairo, Camargo-Gomur (Cantabria), Cajamar-Almería (Andalucía).

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios