Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Xunta explica o Plan Revive na Costa da Morte

A Xunta explica o Plan Revive na Costa da Morte

Presentou a Xunta de Galicia esta mañá de martes 20 de marzo de 2012 en Corcubión, o chamado Plan Revive. Un plan do Igape que trata de axudar ás empresas da Costa da Morte, pero que xa está tendo algunha crítica dende a oposición pola falta de investimentos reais. De momento a que xa está operativa a web www.planrevivecostadamorte.es.

Un Plan que xa no seu nome recoñece a "morte" da Costa da Morte en materia económica, e que veremos a finais deste 2012 en que medida se nota a súa influencia.

Foi o propio Conselleiro de Industria, Javier Guerra, o encargado de anunciar as novidades do plan, que pasan, ante todo, pola información ao empresariado da Costa da Morte. "Información é poder", versaba Guerra, quen deixaba claro a intención de "discriminar positivamente a Costa da Morte a través deste marco de actuación que é o Plan Revive para incentivar a iniciativa empresarial".

Para iso, o Igape abre 3 oficinas na bisbarra e anuncia 4 liñas de funcionamento, ademais de asegurar que xa se teñen invertidos unhs 13 millóns de euros directos no último ano que xeraron uns 70 millóns de euros de investimento real na bisbarra, a través dun Plan que remata neste 2012. Polo de agora, aseguraron, "son máis de 156 proxectos empresariais os apoiados ata o día de hoxe".

Así, tendeu a man ao empresariado da Costa da Morte: "Agora tócalle a eles".

3 novas oficinas

O Igape presentou a súa oficina no Cárcere Vello de Corcubión, na que estará un día á semana. Pero ademais estará presente en Carballo, nun local da Cámara de Comercio, e en Baio, noutro da FECOM.

As oficinas, como dicimos, funcionarán un día á semana, pero destacaron que tamén traballarán "a demanda e con cita previa", a través do teléfono 902 300 903 e na web www.planrevivecostadamorte.es, atendendo as necesidades do empresario accedendo mesmo ás visitas directas en empresas ou a asociacións e grupos de empresarios.

4 liñas

Guerra anunciou 4 liñas de traballo: internalización, axuda ao emprendemento, mellora competitiva e intento de achegar novos grandes investimentos.

  • Internalización: fixo fincapé Guerra na internalización das empresas da Costa asegurando que as empresas da Costa terán ata un 85% de axudas para abrir novos mercados. Nese sentido, as oficinas do Igape de todo o mundo xa recibiron este Plan para incentivar aos mercados a acoller empresas da Costa da Morte.
  • Emprendimento: as novas empresas ou as que leven menos dun 1 ano formalizadas terán axudas de ata 25% do investimento.
  • Mellora da competitividade: Abriranse polo sistema de concorrencia competitiva novas liñas de axudas discriminando positivamente ás empresas localizadas na Costa da Morte.
  • Novos grandes investimentos: nese sentido a Xunta baixa o límite dos considerados "grandes investimentos" de 500 mil euros a 200 mil, ampliando o marxe de proxectos que poidan recibir axudas por ser estratexicamente interesantes para a bisbarra.

Estas novas axudas que se incorporan ao plan Revive súmanse ás xa existentes, que garanten subvencións do 20% para grandes investimentos, a partir de 200.000 euros, que supoñan a primeira implantación en Galicia; e subvencións mínimas do 15% para grandes investimentos que sexan ampliación ou modernización de instalacións existentes.

Parques empresariais

Se ben viamos estes días as primeiras obras no Polígono de Vimianzo, Guerra sinalou que "aínda que son competencias de outras Consellerías, tamén se trata de proxectos subvencionables".

Iso si, destacou que como estas axudas chegan con fondos europeos, non son compatibles con moitas axudas do GDR, GAC... que chegan a través da UE.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios