Venres. 19.04.2024
El tiempo

O BNG comarcal pregunta polo Plan Revive e mira con recelo o 2012 do PP para coa Costa da Morte

O BNG comarcal pregunta polo Plan Revive e mira con recelo o 2012 do PP para coa Costa da Morte

En QPC xa fixemos balance do 2011. Hoxe é o grupo do BNG da Costa da Morte o que envía a súa valoración sobre as políticas aplicadas na nosa comarca polo goberno da Xunta. Como non podía ser doutro xeito, a valoración do grupo opositor é "negativa".

Para o BNG, "o aumento do desemprego e da emigración, e a situación dos desérticos parques industrias son os principais problemas da nosa comarca, xunto cos continuos retrasos nas obras estratéxicas de comunicación, como a autovía a Carballo ou o peirao de Brens, infraestructuras que xa tiñan que estar rematadas segundo as previsións do propio PP cando chegou á Xunta no 2009, e que agora incumplen reiteradamente, como se pode comprobar nos orzamentos xerais para este ano".

"Onde están os 25 millóns de euros do Plan Revive?", pregúntase o voceiro comarcal Óscar Insua.

Ademais, Insua non ten moi boas miras para o futuro: "O 2011 foi un mal ano, o que vén parece que non vai ser mellor, os datos do desemprego na comarca están aí, e aumentan día tras día, e o PP segue sen adoptar medidas, levan tres anos na Xunta sen rascar bola, tirando balóns fora, e sen poñer a andar as competencias en política de emprego".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios