Mércores. 27.10.2021
El tiempo

“Agora que os políticos fan pallasadas, tócanos aos pallasos facer política”

“Agora que os políticos fan pallasadas, tócanos aos pallasos facer política”

Esta frase de Leo Bassi representa perfectamente o sentido da 2ª Gala Solidaria con Palestina que chega esta fin de semana á Costa da Morte. A compañía Pallasos en Rebeldía organiza pois en Corcubión, e da man do Colectivo COSAL Costa da Morte, a 2ª Gala Solidaria con Palestina na Costa da Morte. O ano pasado as risas encheron o Salón de Actos de Cee. Este ano o de Corcubión quedarase pequeno para recibir nada menos que a Leo Bassi, e outras 4 compañías.

I é que practicamente as entradas están vendidas. Sen apenas repercusión na prensa, QPC e as redes sociais serviron de escaparate para que as que 350 entradas para este sábado 14 de abril foran xa repartidas a través dos diferentes puntos de recollida. Iso si, para os que queiran colaborar aínda poden facelo coas entradas de Fila 0, que se poden recoller no Quiosco Rosalía de Corcubión por 5€.

Un proxecto mundial

I é que as risas de Corcubión escoitaranse en Palestina. Porque como explicou o activio Mohamed Safa, a Gala corcubionesa chega no marco dun "plan de actividades mundial para espallar a dramática realidade do pobo palestino", coa mesma intención coa que os membros de COSAL foron a Palestina para coñecer e contar.
Un plan que ten como epicentro o Festiclow Palestina, que o vindeiro ano fará a sua segunda edición nas terras ocupadas. Un festival que usa a risa como terapia e como arma para loitar contra a inxustiza.

90 minutos de risas solidarias e críticas

Fran Rei, "responsable accidental" de Pallasos en Rebeldía, "un grupo de piratas de nariz vermella que buscamos a transformación social a través da risa", quixo agradecer a colaboración do Concello de Corcubión, "e máis nestes momentos tan complicados para que as administracións apoien esta clase de eventos", e clara referencia á censura do alcalde de Santiago á gala. Un apoio que se expande a outros Concellos da zona, pois os alcaldes de Camariñas, Dumbría, Muxía, Cee e Fisterra (o de Corcubión non pode por motivos de viaxe) acodirán á gala, pagando, iso si, a súa entrada solidaria.
Rei explicou o plan do espectáculo. Serán 90 minutos de risas ácedas, que dirixirá Avelino González, un clásico das series da galega e do mellor teatro do país. Estará Roi Sixto, un auténtico crack dos malabares. Tamén estarán, como non, Os 7 magníficos +1, a compañía referente de Pallasos en Rebeldía formada polo propio Fran Rei e Pedro Brandariz.
Non quixeron faltar á cita os costeiros Talía Teatro.

E que dicir de Leo Bassi. Bueno, que parece que cambiará o humor escatolóxico por algo moito máis político e comprometido.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas do COSAL

Fonte

comentarios