Domingo. 06.10.2024
El tiempo

Antón Recamán, un exercicio de poesía e fraternidade en Corcubión

Presentacion do libro de Anton Racaman en Corcubión-Foto-Poldo Lamela
Alex López, Antón Recamán, Branca Trigo e Alfredo Vázquez na presentacion do libro Apatria en Corcubión-Foto-Poldo Lamela
Antón Recamán, un exercicio de poesía e fraternidade en Corcubión

A asociación Boca de Sapo organizou este pasado sábado algo máis que a presentación dun libro. A presentación no museo da Casa da Cultura de Apatria, o novo poemario de Antón Recamán, foi toda “unha declaración de fraternidade, unha rede onde tecer entre todas e todos para crear un mundo que sexa algo máis amábel, algo máis libre e algo máis humano”, como relata un dos organizadores, Alex López.

Chegaron desde Vigo, Branca Trigo e Alfredo Vázquez da editorial independente Malafera, coa disxuntivas do transporte público galego, como retranqueou o anfitrión, para este evento que comezou coa proxección do vídeo poema creado por KCH Visuals.

Presentacion do libro de Anton Racaman en Corcubión-Foto-Poldo Lamela 3
Foto-Poldo Lamela

De seguido tomou a palabra Álex López cun percorrido polo universo poético do autor mesturando versos propios con versos de Mans Atlánticas da Ausencia, Alén do Corpo e o libro protagonista do acto Apatria.

Após Branca Trigo ler un fermoso e potente texto arredor de Apatria, o poeta Antón colle a palabra falándonos das feridas, das cicatrices e da dor que fixo que tivera a necesidade de escreber Apatria.

A xornada rematou cun pequeno recital do propio autor e cun brinde final cun viño como broche de ouro para rematar coa presentación de Apatria.

”Desde Boca de Sapo sentímonos moi contentos de que sigamos a tecer comunidade a través das potentes fotografías expostas e penduradas das paredes, da cultura, da fraternidade e da palabra. A nosa verdadeira Apatria”, conclúe López.

Presentacion do libro de Anton Racaman en Corcubión-Foto-Poldo Lamela 1
 Antón Racamán asinando libros en Corcubión-Foto-Poldo Lamela

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios