Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Corais, verbena e teatro para a finde de Corcubión

  • As corais tamém serán protagonistas na vila de San Marcos
II Circuíto de Teatro Afeccionado de FEGATE en Corcubion
Corais, verbena e teatro para a finde de Corcubión

Fin de semana moi viva en Corcubión gracias ás diversas iniciativas propostas por algunhas das asociacións da vila e pola comisión de festas das Mercedes.

Teatro Afeccionado

Esta fin de semana comeza en Corcubión o II Circuíto de Teatro Afeccionado de FEGATEA. Organizado polo grupo local Farándula Velutina, en colaboración co Concello, a mostra arrinca este domingo 29 de setembro ás 19:30h na Casa da Cultura co grupo “O Trasno Teatro”. O grupo da parroquia de Comesaña, en Vigo, trae o seu espectácul “Vivir con Huntintong”.

O ciclo continará durante o mes de ooutibrp e novembro cos grupos Paso de Valverde, Rebuldeira Teatro e será a propia Farándula Velutina o que o peche coa súa nova obra “Troia, 1940”.

CORAIS e Verbena

Antes, o sábado ás 20.30h na Casa da Cultura co Encontro de corais, cita organizada pola Asociación Airiños de Quenxe cuxa coral actuará xunto á de Betanzos e a de Méis.
Ás 22.00h dará comezo o programa da verbena polas Mercedes na Praza de Castelao coa actuación das Xaviñanas da Universidade Popular seguidas de Lupe Wilfred e DJ Javi Eiroa grazas á organización da comisión de festas da parroqui de San Marcos.

Máis novas

Comentarios