Sábado. 20.04.2024
El tiempo

As cocochas de bacallau e berberechos do corcubionés Rafa Fuentes foron as vencedoras do concurso Cómete o mar

As cocochas de bacallau e berberechos do corcubionés Rafa Fuentes foron as vencedoras do concurso Cómete o mar
O corcubionés Rafael Fuentes Arán, do Hotel Restaurante As Hortensias, foi o vencedor do concurso de tapas que pechou onte as xornadas gastronómicas `Cómete o Mar´ e que se desenvolveu no Club de Xubilados de Noia. O cociñeiro preparou unha innovadora receita de cocochas de bacallau e berberechos con pilpil de ourizos e crocante de algas. Os outros catro finalistas foron Antonio Mirón Agra, do hotel restaurante Tío Manolo, de Noia, que preparou unha espetada de polbo con lagostinos; Dolores del Carmen Mariño Mariño, de A Cociña das Monadas, de Porto do Son, cunha tosta de polbo con crema de queixo de San Simón da Costa; Noelia Rodríguez García, de Casa Peto, de Outes, cun cachelo en cestiña con polbo con allo, e Raúl Góñez Silva, do hotel restaurante Praia de Quenxe, de Corcubión, que presentou un prato de millo e cigala. Compre sinalar a satisfacción no seo do GAC 4 co desenvolvemento das Xornadas. Unhas xornadas que mesturaron gastronomía costeira e patrimonio, e que serven para seguir concienciando á veciñanza de que os produtos da terra son os que se deben consumir e pedir.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do GAC-4

Comentarios