Os Hostaleiros aprenden a Comerse o Mar

21:16 10/11/10

Decidindo o menú
Se ben o pasado venres 5, a empresa organizadora Adapta Consultores realizaba a presentación aos hostaleiros no Salón de Plenos do Concello de Carnota (na foto), as sesións informativas continuaron en Fisterra estes días 8 e 9. Estas reunións profesionais serven para delimitar os produtos máis axeitados para promover desde cada concello, apuntar diferentes xeitos de elaborar menús e analizar as vantaxes das que poderán gozar os empresarios que se presenten a esta iniciativa.Moitas actividades
A idea de vencellar as xornadas a unha tradición, pode servir para facer que ademais do pracer de comer, os participantes poidan degustar tamén a cultura mariñeira. Para iso estudian a posibilidade de desenvolver varias actividades como un Concurso de tapas, un menú degustación mariñeiro, ou rutas de familiarización coas actividades pesqueiras. Hai programas igualmente demostracións de chefs de alta cociña nas vilas de Fisterra, Muros e Noia.Máis sesións informativas
Continúan en Noia estes 10 e 11, para as que aínda está baerto o prazo para inscribirse,. Poden contactar co teléfono 981 573 017 (en horario de 9.00 a 14.00 horas) ou a través do correo electrónico correo@adaptaconsultores.com.Novas relacionadas
- Italia saborea os tesouros do mar de Lira.
- As Xornadas Micolóxicas sementan unha tradición na Costa da Morte.
- Fiera de Sabores de Cee: Os sabores tomaron Cee.
- O Proxecto Berberecho, unha aposta pola diferenciación.
- Un mes degustando a Costa.
- Xa corren as tapas por Muxía.
- A Costa da Morte exhíbese no Forum Gastronómico.
- Presentación do Convivium Galicia da Slow Food: A Costa comeza a "xantar de vagar".
Fonte
- Redacción de QPC ( info@quepasancosta.com).