Venres. 05.06.2020
El tiempo

As pandeiretas astur-galaicas xa resoan en Corcubión

As pandeiretas astur-galaicas xa resoan en Corcubión

Cita senlleira esta fin de semana na vila de San Marcos. O Hotel-Restaurante As Hortensias de Corcubión acollerá o XII Alcuentru/Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana. A cita será este sábado, 21 de abril a partir das 20:30 e constará dunha cea e unha gran foliada.

Unha honra que esta gran cita se dea na Fisterra e trala festa rachada do pasado 2010 (cada ano a cita alterna Galicia e Asturias) Corcubión volverá trasnoitar a ritmo das pandeiretas. E todo baixo a organización de Guillerme Ignacio Costa e da Universidade Popular de Corcubión.

Trala cea de confraternización, terá actuación dos grupos Menaxatruá (Asturies) e Maghúa pandereteiros (A Coruña-Galiza). Pero a chave chega despois, coa repichoca en clave de festa rachada deica a alborada. Este ano ademais contarán cunhas tocadoras moi especiais... Pero para coñecelas hai qeu reservar praza.

Inscricións

O prezo é de cea máis concertos 20€ e para Socios Universidade Popular de Corcubión, 18 Euros.
Poden reservar praza Chamando ao propio Hostal As Hortensias, teléfono 981 747 584.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios