Sábado. 27.04.2024
El tiempo

As pandeiretas galegas e asturianas compartiron festa en Corcubión

As pandeiretas galegas e asturianas compartiron festa en Corcubión
Colgouse o cartel de "Entradas esgotadas" no Restaurante As Hortensias de Corcubión. O poder de convocatoria desta Xuntanza Transeu demostrou que a música tradicional está moi viva na Costa da Morte e en Corcubión. Era a primeira que o Alcuentro de pandeireta galego-asturiana se achegaba pola bisbarra, sendo a 10ª edición en 5 anos. E chega da man do mestre do CEIP Praia de Quenxe, profesor de pandeireta na Universidade Popular de Corcubión e fundador do grupo Quempallou, Guillerme Ignacio Costa, culpable de que a vila de San Marcos fose por unha noite o centro da cultura tradicional galega e asturiana. Non querían promocionar demasiado o evento xa que só con xente de Asturias xa encherían o pub da Cola da Rá, pero aínda así case que se lles vai das mans. Máis de 150 persoas bailaron a ritmo de pandeireta, e disfrutaron dunha festa tan espectacular como tradicional. Logo da cea de confraternización, os escollidos baixaron a disfrutar do concerto de "Bouba", unhas bravas mozas da Pontragha, Tordoia, e do único grupo de pandereteiros homes de toda Asturias, "Cantaruxare". Tamén puxeron festa varios grupos de panderereitas chegados da provincia de Pontevedra. Espectaculares estuveron tanto as Pandetereteiras Maraballada como o grupo de Pandereteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza Malmequer. De seguido os espectadores tomaron as pandeiretas para facer vibrar a toda a praia de Quenxe. A foliada foi do máis viva, na que ademais das locais da entidade organizadora Universidade Popular de Corcubión, as pandereteiras de Millo Verde, participaron nada menos que as Pandereteiras de Arcos, Mazaricos. Ata o mesmo Xabier Díaz, unha das personalidades máis significativas da música galega contemporánea, disfrutou coma un enano. Pero o que si demostrou o seu amor pola bisbarra foi Quique Peón. Unhas das referencias de danza tradicional do país, e director de Xacarandaina, non parou de bailar en todo. Peón está moi vencellado a esta terra, e dou clases aló polos anos 90 en Fisterra e outros lugares da zona... e ata fixo recollidas de tradición oral poas parroquias. Agardamos que volva pronto por estas terras.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios