Luns. 18.11.2019
El tiempo

A Biblioteca de Corcubión énchese de contos polo Día Mundial das Bibliotecas

A Biblioteca de Corcubión énchese de contos polo Día Mundial das Bibliotecas

O Día das Bibliotecas é  este vindeiro 24 de outubro, e para celebralo a Biblioteca Pública de Corcubión énchese de actividades a  dirixidas a público infantil e familiar, e todas con entrada libre e gratuíta, enmarcadas dentro dos programas de dinamización da lectura para as Bibliotecas (Ler Conta Moito), e Ler Conta Moito "Igualdade". As citas son ás 18:30h.

O martes 15 chega O Teatro Calavera co Cociñeiro Antón e a Pasteleira Tomasa

O venres 18, contacontos con Dulcinea.

E o venres 25, Pablo Díaz "contando números e cantando cores".

Comentarios