sábado. 09.11.2024
El tiempo

O BNG de Corcubión quere elaborar unha ordenanza medioambiental municipal

O BNG de Corcubión quere elaborar unha ordenanza medioambiental municipal

Vén de presnetar o BNG de Corcubión unha moción, que se debatirá no pleno do vindeiro xoves, sobre a situación medioambiental do concello. Dende o grupo da oposición consideran que "é preciso actualizar a escasa normativa existente sobre a protección do medioambiente cunha nova ordenanza municipal que abranga o maior ámbito posíbel, dende os diferentes tipos de contaminación ata a conservación dos nosos recursos, en definitiva regular todas as actividades con máis transcendencia na nosa vila que incidan directa ou indirectamente no medio ambiente que nos rodea, e que contribuan ao desenvolvemento sostible de Corcubión".

Sinala que "existen circunstancias hoxe no pobo que revelan a necesidade de aprobar canto antes unha normativa que sexa efectiva e actual, como a gran cantidade de excrementos de animais domésticos nas vías públicas, a existencia de vertedoiros incontrolados en espazos de interese, a falla de selección dos residuos domésticos, os problemas de contaminación da ría, ou as desfeitas dos camiños e sendeiros producidos pola maquinaria pesada, entre outros. O concello de Corcubión debe ofrecer unha resposta para mellorar a convivencia dos veciños e das veciñas".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Corcubión.
  • Fotografía do MMA.

Comentarios