O BNG volve criticar os cheiros que provoca a falta de saneamento na ría de Corcubión

Pendentes do investimento millonario anunciado o pasado mes de xullo para arranxar o saneamento da ría de Cee e Corcubión, e co proxecto de renovación da EDAR tamén en marcha, continúan os problemas en ambas vilas.
Esta semana é o grupo do BNG de Corcubión o que denuncia “os cheiros e verquidos á Ria de Corcubión provocados polo mal funcionamento continuado da EDAR Cee-Corcubión”. Unha situación eterna, que se repite continuamente, igualmente que os verquidos como o que viron os propoios membros do BNG esta semana, unha “mancha no mar que cruzaba a ria desde a EDAR ubicada no peirao de cubiles”. “Verquidos que deixan una lamentable imaxe do noso pobo e da nosa ría para quén nos visita, e un atentado medioambiental ao noso habitantes”.
Por iso piden pedidas de urxencia.
Histórico sobre o problema do saneamento na ría de Corcubión
- Xullo 2021: 8 millóns de euros para a renovación da rede de saneamento de Cee e Corcubión.
- 13-07-21: As EDAR de Cee-Corcubión e Muxía, entre as que peor funcionan de Galicia.
- O BNG de Cee solicita unha auditoría externa das depuradoras e o saneamento do rural.
- 12-01-21: Novo paso para a EDAR de Cee e Corcubión: A Xunta licita a redacción do proxecto.
- Xaneiro 2021: A caño libre… 11 anos despois.
- 10-12-2020: Aprobado o investimento para a redacción do proxecto da nova EDAR de Cee e Corcubión.