Os Bombeiros rescatan un home que sufrira unha caída no interior da súa casa en Corcubión

10:15 02/04/20
Esta pasada tarde de mércores, os Bombeiros de Cee tiveron que acodir ao rescate dunha persoa na Rúa Antonio Purrua, en Corcubión. Pasadas as 18:15 os Bombeiros eran alertados para acodir a unha persoa que levaba todo o día sen dar sinais de vida, e non daban aberto a porta por ter pechado con chave por dentro.
Os Bombeiros accederon á vivenda por unha fiestra da parte traseira da vivienda, apoiados nunha escaleira. O home estaba consciente pero desorientado, pois sufrira unha caída. Despois de abriren a porta, puideron acceder os servizos sanitarios, para o seu traslado o hospital.