O Casino de Corcubión revive o pasado

10:22 29/04/24
Fermosa a proposta que trae o renacido Centro Recreativo Cultural O Casino de Corcubión. Da man de Luís Corral, gran axitador sociocultural da vila de San Marcos, o Casino acollerá unha exposición permanente de fotografía histórica. Da man da Asoc. Universidade Popular de Corcubión, e de numerosos veciños, o Centro presenta o vindeiro sábado 11 de maio ás 12:00h o proxecto “Corcubión Naqueles Tempos”.
Para a presentación estará o veciño e historiador Antón Pombo, que presentará o vídeo promocional da exposición ademais de poder disfrutar da actuacion do grupo das pandereteiras da Universidade Popular, As Rinchonas.