Domingo. 03.11.2024
El tiempo

A radiONeria volve á FM e a recibir ás escolas da contorna

CEIP Praia de Quenxe de Corcubion na radiONeria
Rapazada do CEIP Praia de Quenxe de Corcubión na radiONeria con Toño Casais aos mandos
A radiONeria volve á FM e a recibir ás escolas da contorna

Semana moi positiva para o estado de saúde da radiONeria. A pesar das carencias de orzamentos que sofre o Concello de Corcubión, a emisora municipal segue avanzando. Esta semana a emisora volvía a emitir polas ondas, polo 107.8FM para as terras de Fisterra, gracias á adquisición dun transmisor de segunda man que levaba máis de 5 meses avariado e obrigando á radio a emitir só a través do seu blog e dos podcast no Ivoox. Pero dende hoxe xa a podemos escoitar de novo dende o noso aparato.

E un dos programas que puidestes escoitar foi o protagonizado pola rapazada do CEIP Praia de Quenxe, que veu como é a radio por dentro. Foi a ANPA Alén a que, coincidindo coa semana da prensa, tomou a iniciativa de realizar unha actividade na emisora, e coa colaboración da irección do centro e profesorado, como polo Concello de Corcubión, a rapazada puido achegarse para disfrutar dunha xornada cordinada por Toño Casais, gran artífice do rexurdimento da emisora.

CEIP Praia de Quenxe de Corcubion na radiONeria 2

Os/as alumnos/as, moi emocionados/as, disfrutan estes días como colaboradores/as de radio, no que tratan de dous temas moi actuais como son o medio ambiente e contaminación, abordado polos mais pequenos - 4º, 5º, 6º de Infantil e 1º de Primaria-, así como o 8 M, abordado polos cursos restantes -2º a 6º de Primaria—.

Para iso ten que servir a radio municipal de Corcubión, unha radio que podería ser un campo de probas, un xoguete, para toda unha comarca.

Máis novas

Comentarios