Xoves. 29.10.2020
El tiempo

Comezan as actividades deportivas municipais en Corcubión

Comezan as actividades deportivas municipais en Corcubión

Este luns 5 de outubro dan comezo, seguindo os protocolos, as actividades deportivas sen contacto no Concello de Corcubión, segundo informa o Servicio de Deportes.

O plan ten varias posibilidades, a meirande parte no pavillón polideportivo:

  • Escola de Patinaxe Artístico infantil da man da C.P.A. Costa da Morte. Luns e Mércores.
  • Escola Náutica, da man do C.M.Carrumeiro: Disfrute de actividades relacionadas co mar,vela lixeira, kayak, etc. Desenvolveranse durante os sábados no peirao de Corcubión.
  • Queimagraxas: Programas colectivos de entrenamento funcional pra mellora da condición física global, que inclúe a mellora das capacidades condicionais e coordinativas. Martes e Xoves de 20:00h a 21:00h.
  • Pilates: Exercicios que axudan a mellorar a tonificación dos músculos a través dunha sucesións de movementos fluídos. Luns e Mércores de 21:10h a 22:10h.

O Servizo informa de que tamén se poderá facer uso do ximnasio municipal, con cintas de andar, elípticas, remo, bicicletas e máquinas multipesas.

As preinscripcións poderán facerse nas oficinas do Concello ou no Pavillón Polideportivo e tlf:981 745400.

comentarios