Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Comezou a campaña – Todo o seguemento en www.eleccionscostadamorte.com

Comezou a campaña – Todo o seguemento en www.eleccionscostadamorte.com

Comezou a Campaña Electoral do 22 de maio. Teremos pois 15 días de continuos actos, charlas, eventos, notas de prensa, ataques públicos, ataques ocultos... Nada novo. I é que a Lei electoral apenas puido evitar a presencia dun cartel en Cee. Nós faremos un completo seguemento dos comicios, do antes, do durante e do despois, en www.eleccionscostadamorte.com.

O que non pode evitar é que os candidatos fagan a súa política de rúa. Porque non podemos olvidar que é "porta a porta" o xeito máis tradicional de como se conseguen os votos a nivel local, e iso a meirande parte dos candidatos téñeno claro.

Veremos como inflúe a Operación Orquesta nas votacións, e se facemos caso aos lectores de QPC, podemos apuntar que si, pois o 90% dos 450 votos que participaron na nosa enquisa de Facebook inciden en que si terá consecuencias.

E a campaña chega máis quente nuns concellos que noutros. Vimianzo é un exemplo onde ademais da aparición de panfletos anónimos con faltas persoais as sospeitas de tripartitos poden marcar os posibles resultados.

En Cee a cousa tampouco anda tranquila. A trama está a perfilar unha campaña dura, na que a sombra de posibles pactos tamén está presente. E iso despois de que o PP pida a dimisión de Vigo, e da retirada do goberno do PSOE.

Que sucederá en Fisterra? Toda unha incógnita. Non parece que a Operación orquesta vaia afectar a Traba, ao iguala que a Santos Maneiro en Mazaricos, se ben a posición do PSOE e do BNG parece que mellora en ambos concellos.

Especial atención merece Carnota tamén, onde a campaña porta por porta saca o peor de cada casa e as acusacións persoais convírtense ás veces en argumentos políticos.

As furnas botarán fume en lugares como Corcubión, Muxía, Muros ou Zas, onde se prevén uns comicios moi igualados.

Primeiros mítins

Polo de pronto comezan os actos trala tradicional pegada de carteis celebrada esta mesma noite. Por banda socialista o primeiro xa será este sábado en Corcubión, onde o PSOE presentará o seu equipo. O BNG prepara mítins en Carballo e Ponteceso, este último será hoxe venres ás 21:00h na parroquia de Tella, mentres que en Vimianzo haberá triple cita en Treos, Vilaseco e Serramo, venres ás 21:30h, sábado ás 21:30h e domingo ás 20:00h respectivamente.

Tamén en Vimianzo presentarase o PP de Carmen Borbujo, e a cita será hoxe venres, ás 20:30h no Restaurante Pastoriza, Vimianzo. E en Cee, será Zaira Rodríguez a que abra os mitins ás 21.30h de hoxe na Casa da Cultura de Ameixenda.

Máis información

Fonte

Comentarios