O Concello de Corcubión denuncia ante a garda Civil actos vandálicos na caseta dos socorristas de Quenxe
A pasada madrugada do sábado a domingo, un grupo de persoas realizaban uns actos vandálicos na caseta de socorristas de Quenxe. A instalación sufriu un ataque no que se sustraeu o botiquín de primeiros auxilios co que se atende aos usuarios do areal. Ademais foi destrozado diverso material utilizado na actividade diaria dos socorristas, útiles que apareceron esnaquizados e espallados ao redor da instalación, mesmo a enorme mesa de madeira foi ciscada ao areal.
Os vándalos accederon ao interior da caseta rompendo un dos cristais, roubando o botiquín e o altofalante, á vez que deixaban inservible material de salvamento necesario.
Dende o concello lémbrase que este tipo de accións, ademáis de provocar un prexuizo para todos os usuarios, supón un gasto innenesario para repoñer o material destrozado. O Concello procedeu esta mañá a presentar a denuncia ante o cuartel da Garda Civil.