Corcubión aproveita a visita do buque Carnota para render homenaxe aos falecidos do Torpedeiro Habana

Aproveitando a visita do buque Multiservizos Carnota a Brens, por Corcubión preparan unha homenaxe paralela. Trátase dun acto de Homenaxe aos falecidos a bordo do Torpedeiro Habana, vítimas dunha explosión na súa caldeira e posteriormente soterrados en Corcubión, feito acontecido entre o Cabo da Nave e Fisterra, o 5 de abril de 1888. Unha historia que recolle Vicente Jesús Bernal nun libro.
O dito acto terá lugar o vindeiro martes 25 de febreiro no Peirao de Corcubión, aproveitando a estancia nesa data, do novo e flamante Buque A-61 "Carnota" no Peirao de Brens -Cee, coincidindo cos actos conmemorativos da Fragata rápida D-36 "Ariete".
Comezará ás 10:30, coa chegada do persoal da Armada ao Concello, e se traslasdarán ás inmediacións do Monólito erguido no Peirao en memoria deste acontecemento. O COMAFER fará un breve relato breve relato do sucedido o 5 de abril de 1888.
Máis novas