Venres. 29.03.2024
El tiempo

Corcubión artella un Taller para previr a drogodependencia para pais e nais

Corcubión artella un Taller para previr a drogodependencia para pais e nais

A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Corcubión, continuando coas actividades de prevención da drogodependencia, informa que o vindeiro 9 de maio, comeza o Taller de prevención "Familia-Mocidade-Adiccións". O taller consta de 7 sesións, que se desenvolverán todos os mércores ata o 20 de xuño, na Casa do Concello en horario de 15:45 e 16:45.

Está destinado aos pais e as nais da mocidade corcubionesa e ten como finalidade reflexionar sobre as drogas e outras adiccións entre a mocidade para poder levar a cabo unha tarefa preventiva eficaz dende a familia. Os pais e as nais interesadas en participar poden inscribirse no Concello de Corcubión ou chamando ao teléfono 981 745 400.
Rematarase o taller cunha xornada de senderismo dende o Concello ata o lugar de San Roque na Parroquia de Redonda.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Corcubión.

Comentarios