Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Corcubión celebra o Día do Orgullo cunha proxección e unha obra de teatro infantil

Fotograma de Ocaña, retrato intermitente.Cortesia da Dilmoteca de Catalunya
Fotograma do filme "Ocaña, retrato intermitente", da Dilmoteca de Catalunya
Corcubión celebra o Día do Orgullo cunha proxección e unha obra de teatro infantil

Este venres 28 o Concello de Corcubión celebra "o amor propio, respeto e consideración" que representa o Día do Orgullo. Artellan unha programación especial con dúas actividades a celebrarse sinaladamente no espazo público coa finalidade de animar colectivamente á corresponsabilidade e compromiso ante a diferencia.

A xornada comezará no Campo do Rollo (se chove na Casa da Cultura) ás 18,30h cunha actividade escénica para público infantil e ás 22,30h a convocatoria será no solar do antiguo cine xunto ao Bar Gavilla para asistir a unha proxección de cine xuntas pensada para público a partir de 16 anos.

A cita infantil chámase "Planeta LGTBI" e consta dunha divertida viaxe interestelar para crear un espazo de reflexión sobre a riqueza da diversidade e sobre o colectivo LGTBI. As crianzas tirarán de entropía para facer máis vivible o Planeta M’BURRO

O Antiguo solar do Cine (se chuvia Cárcere Vello) acollerá a proxección de "Ocaña, retrato intermitente" un filme que se sitúa nos finais dos anos 70 para describir a historia de Ocaña, un icono de resistencia da dictadura franquista durante a transición española, é unha das figuras clave esquecidas pola historiografía da arte española. 
Dirixida por Ventura Pons, 1978, é un filme que conta coa Colaboración da Filmoteca de Catalunya.

Dia Orgullo Corcubion

Comentarios