Corcubión e Corme convertéronse en epicentro da educación en convivencia
09:38 22/11/21
Artellou esta fin de semana o Centro de Formación e Recursos do Profesorado da Coruña (CFR) un par de interesantes encontros para a comunidade escolar. A Capela do Pilar de Corcubión e o Museo de Arte Contemporánea Costa da Morte de Corme acolleron sendas presentacións do libro de Juan de Vicente Abad, "Convivencia restaurativa. Aprender a convivir y a construir entornos de aprendizajes seguros”.
Dúas sesións nas que o autor puido intercambiar impresións coas familias costeiras sobre resolución de conflitos, interculturalidade e convivencia escola.
Tendes xa en www.qpctv.gal unha peza informativa sobre o evento corcubionés.
Así foi a cita no MACCMO