Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Muros emociona a base de convivencia positiva

Muros emociona a base de convivencia positiva
Estes venres 20 e sábado 21, IES Plurilíngüe Fontexería de Muros, acolle os VI Encontros de Centros por unha Convivencia Positiva, baixo o lema "Muros Emociona". Nestes Encontros participarán mais de 20 centros de ensino de toda Galiza, e tamén foron convidados os centros e ANPAS de primaria e secundaria do Concello de Muros. O programa conta con ponencias destinadas ao profesorado, alumnado e familias, nas que se reflexionará sobre aspectos diversos relacionados coa convivencia escolar: comunicación positiva, usos dos tempos escolares, roles familiares na adolescencia... Ademais das ponencias, haberá outras actividades como "espazos abertos", obradoiros e sesións nas que compartir diversas experiencias educativas desenvolvidas polos centros participantes. Haberá tamén momentos para a convivencia e unha visita guiada polo casco histórico da vila muradá. Para a xornada inaugural, que terá lugar o venres 20 ás 16:30 no Salón de Actos do instituto, contamos coa asistencia da Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella,a deputada responsable de Benestar social da Coruña, Ánxela Franco, a Alcaldesa de Muros, María José Alfonso Torres e a Directora do IES Fontexeria, María José Lago Fiúza. Os Encontros contan co patrocinio e a colaboración de diversas institucións e entidades, como a Secretaría Xeral de Igualdade, a Deputación da Coruña a través do servizo de Igualdade de Xénero, o Concello de Muros, o CAFI, o servizo de Contratos Programa, Gadisa, Eroski e Eleuterio Balayo.

Novas relaconadas

Fonte

  • Fontexería.

Comentarios