O IES Fin do Camiño exporta experiencias en Convivencia Positiva


Seguimos encantados de achegarnos ata o IES Fin do Camiño así coma a todos os centros que se saian do libro e nolo conten. Despois de coñecer o completo Proxecto de Aprendizaxe e Servicio hoxe retomamos eses Encontros de Convivencia Positiva dos que os alumnos fisterráns son especialistas. De feito, xa preparan a súa terceira participación no III Encontros de Convivencia Positiva, que desta volta organiza o IES Castro Alobre de Vilagarcía coa axuda do IES Fin do Camiño de Fisterra, o IES Xulián Magariños de Negreira, o IES Antonio Fraguas de Santiago e o IES Faro das Lúas de Vilanova de arousa.
Estes encontros teñen como visión consolidar unha rede de apoio e colaboración entre profesorado, alumnado e familias dos 25 centros educativos participantes en torno á convivencia escolar. Esta ano a temática vai de Coeducación no ensino. Supón un espazo para o intercambio de boas prácticas de convivencia, así como para a formación conxunta na resolución dos conflictos, a educación emocional, a prevención do acoso, a coeducación e o fomento da competencia social e cidadá.
Este é o Programa para a completa fin de semana que se van pegar os alumnos fisterráns. Disfruten e aprendan:


Novas relacionadas
- Os alumnos cybermentores do IES Fin do Camiño promoven a doazón.
- O IES Fin do Camiño faise especialista en convivencia postivia:
- O IES Fin do Camiño recibe en Madrid un premio pola súa coa convivencia.
- Os alumnos de Fisterra, Cee e a Ponte do Porto reciben un 100% de desconto en conflitos.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).