Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Corcubión e Fisterra xa van a 100 megas

Corcubión e Fisterra xa van a 100 megas
Obras do operador galego R para instalar fibra optica en Cee

Os municipios de Corcubión e Fisterra veñen de unirse ao grupo de núcleos dos concellos coruñeses directamente conectados á rede de telecomunicacións de última xeración (NGAs) que R está a despregar en toda a comunidade autónoma, dentro das accións do Plan de Banda Larga da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).

Se ben a fibra só chega ás estradas principais, arestora, preto de 3.200 habitantes de Corcubión e Fisterra (duns 1.600 fogares e empresas) teñen acceso a redes de nova xeración, e está previsto chegar proximamente a arredor de 6.100 persoas (duns 3.200 fogares e empresas) que poderán conectarse a redes de 100 e de ata 200 megas.

Estes dous novos Concello únense, desta maneira, a Cee, outro dos concellos da bisbarra de Fisterra que tamén quedou este ano conectado ás redes de nova xeración do operador galego. En total nesta comarca, o operador galego ten xa despregados na zona 6,54 km de obra civil e 9,68 km de fibra óptica.

Ademais, na zona os Concellos de Ponteceso, Malpica, Carballo, Santa Comba e Vimianzo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios