Venres. 29.03.2024
El tiempo

3.000 fogares de Cee terán fibra óptica a partir de decembro

3.000 fogares de Cee terán fibra óptica a partir de decembro

O pasado luns a empresa de telecomunicacións R comezou as obras de canalización do cableado de fibra óptica. As obras prolongaranse durante o que resta de ano e os dous primeiros meses do ano 2013. Pero está previsto que os habitantes de Cee poidan recibir a partir de decembro deste mesmo ano os servizos avanzados de telecomunicacións de R: teléfono, internet de alta velocidad e televisión dixital multicanle.

Así, prevese que máis de 3.000 fogares e empresas de Cee poidan dispoñer de velocidades de acceso á rede de 30 e de ata 100 megas en novembro de 2013.

Se outras zonas como Malpica, Ponteceso ou Vimianzo xa disfrutan deste servizo, Concellos como os de Corcubión e Fisterra terán que agardar ata xuño de 2013.

As obras

Os traballos comezaron nos Camiños Chans, e nunha primeira fase discurrirán pola Avenida Fernando Blanco cara ao centro da vila.
Xa están en marcha os traballos de obra civil, que suporán a extensión de máis de 6 quilómetros de canalización e o despregamento de preto de 3,4 quilómetros de fibra óptica.

O investimento total previsto polo operador galego en Cee para dotar aos seus habitantes destes servizos ascende a 3,63 millóns de euros.

O tenente de alcalde, Daniel Oca, e o titular do Departamento de Obras, Santos Díaz Graíño, mantiveron unha reunión cos responsables de obra civil da empresa R e co encargado da contrata que vai a realizar os traballos, para coordinar as actuacións e causar os menores prexuizos posibles aos cidadáns.

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

  • Concello de Cee.

Comentarios