mércores. 13.08.2025
El tiempo

O Eco do Ézaro atrae ao Coadoiro a máis de 4.000 persoas cada fin de semana

Fervenza do Ezaro con espectaculo de luces
Unha imaxe da fervenza durane o espectáculo
O Eco do Ézaro atrae ao Coadoiro a máis de 4.000 persoas cada fin de semana

Segue batendo marcas o Concello de Dumbría cioas súas singulares e orixinais propostas turísticas. Ademais de converter o deporte en foco de atracción, o concello leva anos poñendo en valor a Fervenza do Ézaro, convertíndoo nun dos puntos máis visitados de toda a Costa da Morte.

Así o reflicten os datos, por exemplo, da semana pasada. Durante as noites de venres e sábado, achegáronse ata O Ézaro case 4.000 persoas para gozar do espectáculo audiovisual O Eco do Ézaro. 

Un espectáculo nocturno de luz, son e narración visual que une patrimonio natural, tecnoloxía e mitoloxía galega. A Raíña Lupa é unha das protagonistas que, xunto con outras escenas animadas, narran o nacemento da Fervenza do Ézaro, o Vákner, a raíña do Monte Pindo,...

 

Esta semana haberá unha noite extra para poder gozar deste atractivo. Por haber un festivo na semana, serán tres as noites para poder experimentar a experiencia inmersiva da Fervenza do Ézaro, en horario de 22:30 a 00:30h con acceso libre e de balde:

  • XOVES 14 AGOSTO

  • VENRES 15 AGOSTO

  • SÁBADO 16 AGOSTO

Este espectáculo continuará nas noites dos venres e sábados ata o 20 de setembro, incluído.

Comentarios