martes. 22.04.2025
El tiempo

Corcubión mantén viva a memoria medieval en clave de igualdade

imaxe-Ines-de-castro-Medievo
Inés de Castro é unha das protagonistas da exposición. Obra de Laura Romero
Corcubión mantén viva a memoria medieval en clave de igualdade

Co Mercado Medieval máis auténtico da provincia en cernes, a Concellería de Cultura, Benestar, Igualdade e Muller de Corcubión aproveita para afondar na visibilización de mulleres referentes da cultura galega a través da historia.

Xa está visitable na Casa da Cultura en horario de 9,30 a 14,30 a exposición “Mulleres do Medievo Galego”, en colaboración coa Deputación. Agora que nos aproximamos á cita co medievo en Corcubión a veciñanza poderá achegarse a coñecer un pouco máis a historia feminina do medievo galego. 
A través das ilustracións de artistas do presente como Iria Fafián, Laura Romero, María Montes, Minia Regos e Nuria Díaz conectámonos coas mulleres do pasado.
Igualmente, desde un espíritu de educación en igualdade, está programada unha visita á mostra da rapazada que forma este ano parte do programa do Lecer en Corcubión.

imaxe-exposicion-mulleres-medievo-Corcubion

Xornada sobre Luís Villalta

Ademais, o mércores 18 o colectivo pontevedrés “Polo Correo do Vento” levará a cabo unha actividade de dinamización e visivilización da autora Luisa Villalta homenaxeada neste ano dentro das Letras Galegas 2024. Desenvolverase dentro do programa Corcubión Concilia coa rapazada do Lecer.

Máis novas

Comentarios