Mércores. 23.10.2024
El tiempo

O Mercado Medieval de Corcubión arrinca recuperando a toponimia e buscando actores para a representación

Presentacion do Mercado Medieval de Corcubion 2024
Imaxe da presentación desta edición
O Mercado Medieval de Corcubión arrinca recuperando a toponimia e buscando actores para a representación

Este venres ás 20:00h no cárcere vello de Corcubión arrinca oficialmente o Mercado Medieval de Corcubión 2024. Esta 22ª edición empeza cunha charla sobre toponimia, “O valor da toponimia galega a través dos lugares de Corcubión”, da Vicente Feijoo Ares, coordinador do seminario de toponimia da Real Academia Galega.

Mentres, a organización pide colaboración para a representación ao pobo corcubionés, que tras varios anos esquecido, volverá ser epicentro da fermosa representación da loita de Riobóo contra o Arcebispo Rodrigo de Luna. Podedes contactar co equipo de direcció, formado por Yago Coronila, Adriana Balufo, Elisa Lem; Marina Gómez e Marina Mouzo ou a través do Instagram ou Facebook.

A gran finde será, xa sabedes, a do 26, 27 e 28 de xullo, e dentro duns días descubriremos o programa completo.

Cartel do Mercado Medieval de Corcubion 2024 de Andrés López

Máis novas

Comentarios