Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Corcubión meteu un berro unánime polo Partido Xudicial

Corcubión meteu un berro unánime polo Partido Xudicial
Manifestacion por CorcubionPartidoXudicial-Foto-Juanma Ronquete

Todas as cores unidas a un só berro: #CorcubiónPartidoXudicial.

Así dá gusto ver á vila de San Marcos, unida por unha causa que nos afecta a todos, salvando as diferencias políticas e familiares que no día a día interrumpe o desenvolvemento da bisbarra. Foi o BNG o que lanzou a campaña e o que fixo a convocatoria, pero rapidamente o grupo de goberno, do PSdG, e mesmo o PP, se subiron ao barco para remar na mesma dirección, nunha agradable demostración de coherencia.

Máis de 500 persoas (xa había tempo que non se xuntaban tantos na volta a non ser por mor dunha festa…) concentráronse este xoves 26 de xuño ás portas do Xulgado corcubionés, ese que a nova Reforma da Xustiza que promove o goberno central quere eliminar. Coma tantos outros ao longo do país, deixando só un xulgado por provincia, alonxando así a Xustiza da cidadanía noutro paso atrás no afianzamento de dereitos.

Rafael Mouzo na Manifestacion por CorcubionPartidoXudicial-Foto-Juanma Ronquete

O mítico alcalde corcubionés Rafael Mouzo foi unha das cabezas visibles dunha acción que pelexou dende a sombra Álex López. Pero tamén estiveron ben visibles, con menos nandeiras corporativas e máis pancartas informativas, o grupo de goberno de Corcubión, co alcalde Francisco Lema Chisco á cabeza, ou o grupo de PP con Luís Abelleira.

Boas novas, que por fin, despois máis dun ano en loita, a vila de Corcubión e parte da comarca de Fisterra se una para pelexar por un dos seus pulmóns.

Manifestacion por CorcubionPartidoXudicial-Foto-Juanma Ronquete Manifestacion por CorcubionPartidoXudicial-Foto-Juanma Ronquete Manifestacion por CorcubionPartidoXudicial-Foto-Juanma Ronquete Manifestacion por CorcubionPartidoXudicial-Foto-Juanma Ronquete

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios