Venres. 04.10.2024
El tiempo

Corcubión percorreu en canoa a Galicia dos MilRíos

Corcubión percorreu en canoa a Galicia dos MilRíos
Manuel Sendón e Javier Turnes presentando MilRios en Corcubion-Foto-Senén Insua Manuel Sendón e Javier Turnes presentando MilRios en Corcubion-Foto-Senén Insua Máis que interesante a presentación do proxecto Milríos onte na Capela do Pilar de Corcubión. Foi o seu creador, Manuel Sendón, reputado fotógrafo galego moi vencellado á Costa da Morte, pois pasa longas tempadas en Sardiñeiro, o presentador. Xunto a el sentouse o seu bo amigo Javier Turnes, o mestre de filosofía máis bluseiro da bisbarra, nun acto organizado pola Universidade Cromática das Virtudes. A experiencia consiste en percorre, en canoa, o país dos mil ríos. Así, Sendón e compañía levan anos percorrendo e fotografando ríos dende a súa canoa, para dar conta da nosa natureza. Unha das historias máis fermosas do proxecto aconteceu precisamente na bisbarra, e foi protagonista na charla de onte. A exposición ten un artista inesperado, pois precisamente na ría de Corcubión, onde Sendón perdeu o teléfono. Resulta que alguén o recolleu, veu de que se trataba a idea e seguíu percorrendo ríos costeiros e botando fotos. O teléfono, conectado a un servidor do fotógrafo, seguía entón enviando fotos de ríos galegos ante a estupefacción de Sendón. Pura maxia que aínda se mantén viva. Boten un ollo ao Caderno de bitácora dunha das expedicións polo Río Xallas, é unha boa experiencia. Manuel Sendon e Javier Turnes presentando MilRios en Corcubion-Foto-Senen Garcia 2

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios