Domingo. 28.11.2021
El tiempo

Corcubión pide apoio á Deputación para o arranxo do Campo de Fútbol e a Casa da Cultura

O alcalde de Corcubion coa Deputacion
O presidente da Deputación Valentín Formoso, co alcalde de Corcubión, Lalo Insua, e o teniente alcalde Pepe Louro
Corcubión pide apoio á Deputación para o arranxo do Campo de Fútbol e a Casa da Cultura

Esta mañá, o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, recibúa ao alcalde de Corcubión, Lalo Insua, e o tenente alcalde, Peoe Louro. Os corcubioneses pediron apoio económico ao ente provincial para a mellora de distintas infraestruturas municipais como o campo de fútbol e Casa da Cultura. Ambas espazos sofren as consecuencias do tempo, con numerosas denuncias por falta de mantemento da oposición.

O alcalde quixo facer fincapé no carácter de “centro administrativo comarcal” de Corcubión, facendo ver que isto ocasiona importantes gastos de mantemento de edificios coma o Rexistro, os xulgados, o cuartel da Guardia Civil ou Capitanía Marítima.

POS 2021

Paralelamente, o Plan Único inviste este ano 200.773 euros no municipio, dos que 40.000 serán para gastos sociais.

Se nos últimos anos o POS permitiu acometer importantes obras coma o saneamento e pavimentación da travesía San Marcos e das rúas Moncho Reboiras, Salvador Allende, J.B. Carrera Fábregas ou a Avenida da Mariña, este ano a liña varia. O pleno aprobou a proposta (sen consenso) do goberno (cos votos a favor do BNG e Sempre Corcubión, o voto negativo de Pacor e a non presencia do PP), para empregar 60.000 euros en gasto corrente; 75.000 nunha obra en Agra da Ribeira de máis de 100.000; e outros 75.000 para recursos propios.

Novas relacionadas

comentarios