![jan-lamas-chisco]()
Na tarde do pasado martes, o salón de plenos da Casa do Concello de Corcubión acolleu a sinatura da renovación do convenio de colaboración entre o Concello de Corcubión e a empresa Sixtema co
Catálogo GIS de Xeolocalización. No acto estiveron presentes o alcalde, Francisco Javier Lema, e o responsable da empresa, Alejandro Lamas. O acordo alongarase durante doce meses.
Con este convenio, vixente dende 2008, o concello pode facer un uso gratuito da tecnoloxía desenvolvida por Sixtema, empresa líder no sector dos sistemas de información xeográfica, un feito que sitúa a Corcubión á vangarda nos servizos relacionados co turismo en todo o país.
O primeiro servizo implantado a través do acordo con Sixtema foi o catálogo GIS, un visor no que é posible consultar, a modo de mapa, os establecementos, lugares de interese turístico e servizos públicos cos que conta Corcubión. Ano tras a ano este servizo vaise ampliano. O portal recibiu no 2010 preto de 8.000 visitas, procedentes de máis de 50 países.
A plataforma de xeolocalización de Corcubión foi tamén levada ós teléfonos móbiles e desde decembro do 2009 o Concello conta cunha versión do portal adaptada especificamente a este tipo de dispositivos, convertindo a Corcubión no primeiro concello de Galicia en desenvolver dita tarefa.
Máius información
Poden acceder a esta ferramenta dende a web do Concello de Corcubión:
Novas relacionadas
Máis novas
Fonte
- Redacción de FRan Lago para QPC e radiONeria.